Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Habilitar contas de correo IMAP para os alumnos

Borja Borja  •  09/11/2017  •    Sen comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2017-11-10

Habilitar o protocolo de correo electrónico IMAP para o colectivo de alumnos da UDC.

Na actualidade, o alumnado da UDC só pode facer uso do protocolo POP no emprego da súa conta de correo electrónico corporativo mediante aplicación cliente. Isto provoca que xestionar o correo dende varios dispositivos (ordenador, teléfono, etc.) sexa realmente incómodo no día a día, posto que é necesario procesar cada mensaxe unha vez por dispositivo engadido, debido as limitacións da configuración POP. Por exemplo, é necesario marcar coma lido ou eliminar a mesma mensaxe en cada un dos dispositivos.

Por tanto, a proposta versa en habilitar a configuración mediante protocolo IMAP para o colectivo de alumnos, de forma que os que prefiran facer uso dunha aplicación cliente no lugar do servizo webmail, poidan facelo de forma máis cómoda; xa que as características de IMAP descartarían este problema.

Está vostede dacordo con habilitarlle ao alumnado o protocolo IMAP no seu servizo de correo?

correo electrónico alumnado Toda a universidade

Comentarios (0)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.