Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Lotería de Nadal da UDC

AnaLP AnaLP  •  25/01/2018  •    5 comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2018-01-13

Número de décimos de lotería de NADAL inferior ao número de persoal da UDC

Todos os anos a UDC envíalle un correo ao persoal da UDC (PDI e PAS) comunicando que se pode retirar a lotería de Nadal da UDC nunha administración da Coruña. Só existen 1700 décimos por número o que fai que non sexan suficientes para todo o persoal. Este último ano recibiuse o correo o 18 de outubro e o 19 de outubro ás 17.00 vendeuse o último décimo, quedando máis da metade do persoal sen décimo, tendo en conta que en moitos casos o que chega a tempo adquire máis dun.

Por iso, suxerimos que, como se fai en outras institucións e empresas privadas con máis persoal que décimos, a UDC non reserve un número polo malestar que provoca no persoal. 

Está vostede da acordo en que a UDC deixe de reservar un número de lotería de Nadal?

Toda a universidade

Comentarios (5)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.
Aurora María
Aurora María  • 

A mi me parece que organizar loterías no es una función ni propia ni apropiada para una universidad. Para eso ya hay peñas y sociedades recreativas, deportivas, etc. Si la UDC quiere obsequiar a su personal con una modesta participación (que fuera igual para todos), es otra cuestión.

3 votos  |  3 0
Sen respostas
María Isabel
María Isabel  • 

Ou iso ou non permitir que a xente leve máis de dous décimos, ou que non a poida coller xente allea á Universidades.

2 votos  |  2 0
Sen respostas
José Sanjurjo
José Sanjurjo  •  Adxunto de Participación  • 

A reserva da lotería xurdiu por unha iniciativa de traballadores da Reitoría nos anos 90 e fai uns 18 anos pasou a realizarse por persoal do servizo de protocolo. Inicialmente só era para persoal da Reitoría, pero debido á demanda de traballadores doutros centros, pasou a ofrecerse a toda a universidade, pero sempre como iniciativa do persoal, nunca da institución.
Debido aos problemas comentados nesta proposta, xa o ano pasado considerouse volver aos principios, cousa que se fixo neste ano, e xa non se ofertou como lotería da UDC.

Sen votos  |  0 0
Sen respostas
admin
admin  • 

Queremos informar que a reserva de lotería non a fai a UDC. Esta iniciativa comezou polos anos 90 a partir dun grupo de traballadores da Reitoría e fai uns 18 anos encargáronse de facer a reserva persoas do servizo de protocolo. Empezou sendo para traballadores da Reitoría, pero, debido á demanda de persoal doutros centros pasou a ser considerada a lotería da UDC, pero sempre a iniciativa dos traballadores.
Debido ás queixas e problemas atopados, as persoas que xestionaban a iniciativa durante estes anos buscaron algunha solución, pero ao non atopala a decisión que tomaron é volver ás orixes e xogar un número entre traballadores da Reitoría, como xa se viña facendo nalgún outro centro.

Sen votos  |  0 0
Sen respostas
Alejandro Esteban
Alejandro Esteban  • 

No me parece muy buena idea incentivar la compra de lotería en la universidad

Sen votos  |  0 0
Sen respostas