Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Feminismos en Nicaragua hoxe, a través da cultura e a expresión artística

Adxunta de Cultura Adxunta de Cultura  •  09/08/2019  •    Sen comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2019-08-34

Promocionar a cultura como instrumento de transformación e sensibilización social en materia de vulneración de Dereitos Humanos en Nicaragua, con especial atención ás mulleres activistas feministas

1. MICROTEATRO. Monólogo do subxénero teatro cabaré da agrupación colectiva feminista nicaraguana de teatro "Las Amapolas" para traballar os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e denunciar as violencias que están a sofrir.

2. FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL+OBRADOIRO DE MÁSCARAS. "Resistencia nicaraguana con rostro de muller", unha mirada feminista da loita pola democracia, a xustiza e a liberdade. As fotografías reflicten sobrea mobilización e acción feministas nos últimos meses en Nicaragua. O obradoiro recrea o simil das máscaras de Morimbó nas loitas somocistas e o pano azul e branco as loitas contra Ortega.

3. MÚSICA. Adaptación e interpretación musical do coro de mulleres Sister in the House da canción nicaraguana "Mis derechos de mujer" de Auxiliadora Cárdenas e Luís Enrique Mejía.

estou interesado en apoiar esta proposta de sensibilización social?

#CulturaUDCParticipa Toda a universidade

Comentarios (0)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.