Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación

admin admin

Lotería de Nadal da UDC
Queremos informar que a reserva de lotería non a fai a UDC. Esta iniciativa comezou polos anos 90 a partir dun grupo de traballadores da Reitoría e fai uns 18 anos encargáronse de facer a reserva persoas do servizo de protocolo. Empezou sendo para traballadores da Reitoría, pero, debido á demanda de persoal doutros centros pasou a ser considerada a lotería da UDC, pero sempre a iniciativa dos traballadores. Debido ás queixas e problemas atopados, as persoas que xestionaban a iniciativa durante estes anos buscaron algunha solución, pero ao non atopala a decisión que tomaron é volver ás orixes e xogar un número entre traballadores da Reitoría, como xa se viña facendo nalgún outro centro.