Calquera usuario poderá acceder ao portal e visualizar os debates e as propostas.
Para poder votar ou crear debates terás que ser un membro rexistrado. Non fai falta que teñas usuario da universidade. Sen embargo, os usuarios que non se rexistren co nome de usuario e contrasinal da UDC non poden votar ou crear propostas.
Se te rexistraches co teu email da UDC, pero non entraches como "usuario UDC" basta con que te rexistres outra vez para que o teu usuario adquira privilexios da UDC. Se non foi así terás que crear un novo usuario.
Os usuarios que se rexistran co seu nome de usuario e contrasinal da UDC poderán votar e crear propostas. Non poderán cambiar a contrasinal nin o correo electrónico que usan no portal (xa que se conectan co usuario da UDC).
Calquera usuario rexistrado pode comezar un debate sobre calquera tema relacionado coa universidade. Todos os debates se publican no portal, poidendo os usuarios rexistrados posteriormente:
Na páxina de debates figurarán todos os debates creados na plataforma, que se poderán ordenar polos debates con máis comentarios, os máis novos, os máis controvertidos, etc.
Calquera usuario rexistrado como usuario da UDC poderá crear e apoiar propostas. Deste xeito será só a propia Universidade a que decida sobre cales son as propostas que lle interesa, como comunidade.
As accións que se poden facer sobre as propostas son:
É posible comentar tanto nos debates coma nas propostas. Todos os usuarios rexistrados poden realizar comentarios. Sobre os comentarios é posible:
Emprégao libremente na túa universidade ou axúdanos a melloralo, é software libre.
Este portal UDC Decide baséase na aplicación Consul creada para o Concello de Madrid.
A aplicación é software libre, con licencia AGPLv3, calquera pode empregar, copiar, ver, modificar, e redistribuir o seu código fonte coas modificacións que queira (mantendo que outros poidan facer o mesmo). Consideramos que a cultura é mellor e máis libre así.
Creamos o portal de Participación que tes ante tí coma un fork da aplicación Cónsul e podes consultar o seu código fonte modificado no repositorio da CIXUG. Animámoste a que colabores connosco para melloralo, que o descargues para velo ou que o redistribúas se así o desexas.
Para calquera consulta sobre este portal de Participación podes contactar á dirección de correo electrónico participacion.vepeu@udc.gal