Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Imprimir esta información
Política de Privacidade
-
A navegación pola información dispoñible no portal UDC Decide da Universidade da Coruña é anónima.
-
Para utilizar os servizos contidos no portal UDC Decide da Universidade da
Coruña o usuario deberá rexistrarse e proporcionar previamente os datos de
carácter persoal segundo a información específica que consta en cada tipo de alta.
-
Os datos aportados serán incorporados e tratados pola Universidade da Coruña
de acordo coa descrición do ficheiro seguinte:
-
Nome do ficheiro/tratamento: XESTION_PROCESOS_PARTICIPATIVOS
-
Finalidade do ficheiro/tratamento: xestionar os procesos participativos
para o control da habilitación das persoas que participan nos mesmos e
reconto meramente numérico e estatístico dos resultados derivados dos
procesos de participación universitaria.
-
Órgano responsable: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e
Extensión Universitaria.
-
O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición ante o órgano responsable indicado, todo o cal infórmase en
cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal.
-
Como principio xeral, este sitio web non comparte nin revela información obtida,
agás cando fose autorizada polo usuario, ou a información sexa requirida pola
autoridade xudicial, ministerio fiscal ou a policía xudicial, ou se dea algún dos
supostos regulados no artigo 11 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal.