Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Maior antelación na divulgación dos horarios de docencia

Borja Borja  •  07/09/2018  •    1 comentario  • 

Código da proposta: UDC-2018-09-24

Estamos a venres, 7 de setembro. O luns comezan as clases e non sei se teño que asistir a clase nin a que hora.

Este curso a xestión dos horarios de docencia da Facultade de Informática, que antes corría por parte do propio centro, centralizouse nun sistema que tamén ten a Facultade de Economía e Empresa, competencia da Universidade. Un sistema que demora a comunicación dos horarios ata a víspera do inicio das clases. Que necesidade hai de manter ao estudantado así? Resulta moi complicado compaxinar un traballo ou incluso concertar unha cita médica ou de calquera naturaleza desta forma.

Esta proposta tamén vai destinada ao resto de facultades e escolas da Universidade que, sen ter implantado o mesmo sistema, tampouco coñecen ca debida antelación os horarios de docencia que van ter.

Está vostede dacordo en que a Universidade poña a disposición dos alumnos o horario con maior antelación?

Horarios; Antelación; Organización Toda a universidade

Comentarios (1)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.
Eduardo
Eduardo  • 

Los horarios se aprueban en junta de facultad y se cuelgan en las páginas webs de los centros a disposición de todos los alumnos/as matriculados/as, trabajamos para mejorar los servicios pero dado que es la Universidad, cada uno/a tiene que ser reponsable y saber sus derechos y obligaciones, se pueden imprimir los horarios, mirar en los tablones de los centros y en muchas facultades, en los tablones de los pasillos de cada aula...Respeto tu comentario pero no estoy de acuerdo, os facilitamos las cosas pero no podemos actuar por vosotros/as...

Sen votos  |  0 0
Sen respostas