Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Arranxar a estrada do Campus da Zapateira

Dimas Dimas  •  11/12/2019  •    Sen comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2019-12-50

É preciso arranxar o pavimento da estrada central do Campus da Zapateira que está cheo de furados e ante o paso de vehículos fai imposible que os usuarios da parada de bus non resulten mollados.

Dende fai moitos anos a estrada que pasa polo Campus da Zapateira está nun estado lamentable, en parte debido ao alto volume de tráfico que soporta diariamente, contando entre este con buses e demáis tráfico pesado.

Existen varios puntos que cómpre arranxar canto antes:

  • A estrada central que pasa entre as Facultades de Ciencias e a Escola Técnica Superior de Arquitectura, tanto a curva que da acceso ó campus dende Elviña, que presenta numerosos desperfectos, como o adoquinado que está na parada de bus do propio campus, que debido ao deterioro que sofre, cando chove creanse unhas bolsas de auga que imposibilitan esperar ao bus sen correr o risco de acabar mollado polas salpicaduras dos vehiculos.
  • A estrada que pasa por detrás da Escola Técnica Superior de Arquitectura, como a que pasa polo seu aparcadoiro e a de subida cara a Facultade de Filoloxía, que necesitan un asfaltado urxente debido ós numerosos furados que presenta, facendo que pasar cun vehículo por elas supoña ir con coidado de non estropear algunha parte desta.

Estos puntos do Campus da Zapateira levan sin arranxarse moito tempo, e é necesario facelo xa pois cada vez está en peor estado. Tanto se é competencia do concello como se é competencia da universidade ou de ambos, fai falla unha solución inminente que suprima os problemas de tráfico que xenera o estado das estradas tanto para peóns como para condutores.

Está de acordo en arranxar o pavimento do Campus da Zapateira?

Campus da Zapateira Facultade de Ciencias Escola Técnica Superior de Arquitectura Facultade de Filoloxía Toda a universidade

Comentarios (0)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.