A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, como resposta a unha petición dos representantes de estudantes do Consello de Goberno da UDC e a esta proposta, informa que desde o 15 de novembro até o 15 de decembro deste ano, tendo en conta que este é o período de entrega da maioría dos traballos para este cuadrimestre, estarán abertas 24 horas as seguintes aulas:
* No campus da Coruña a aula de traballo 1 da planta baixa e a aula de estudo dereita do primeiro andar do CUR (Centro Universitario de Riazor).
* No campus de Ferrol a aula de traballo 1.1 e a aula de estudo do primer andar do EAE (Edificio de Apoio ao Estudo).
Esta proposta foi valorada no Consello de Participación do Laboratorio Universitario de Participación da UDC, e decidiuse que, se a ocupación é extremadamente baixa, por motivo de sustentabilidade, retornaríase ao horario habitual.