Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación

José Sanjurjo José Sanjurjo

AULAS 24h
A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, como resposta a unha petición dos representantes de estudantes do Consello de Goberno da UDC e a esta proposta, informa que desde o 15 de novembro até o 15 de decembro deste ano, tendo en conta que este é o período de entrega da maioría dos traballos para este cuadrimestre, estarán abertas 24 horas as seguintes aulas: * No campus da Coruña a aula de traballo 1 da planta baixa e a aula de estudo dereita do primeiro andar do CUR (Centro Universitario de Riazor). * No campus de Ferrol a aula de traballo 1.1 e a aula de estudo do primer andar do EAE (Edificio de Apoio ao Estudo). Esta proposta foi valorada no Consello de Participación do Laboratorio Universitario de Participación da UDC, e decidiuse que, se a ocupación é extremadamente baixa, por motivo de sustentabilidade, retornaríase ao horario habitual.
Lotería de Nadal da UDC
A reserva da lotería xurdiu por unha iniciativa de traballadores da Reitoría nos anos 90 e fai uns 18 anos pasou a realizarse por persoal do servizo de protocolo. Inicialmente só era para persoal da Reitoría, pero debido á demanda de traballadores doutros centros, pasou a ofrecerse a toda a universidade, pero sempre como iniciativa do persoal, nunca da institución. Debido aos problemas comentados nesta proposta, xa o ano pasado considerouse volver aos principios, cousa que se fixo neste ano, e xa non se ofertou como lotería da UDC.
Comedores saúdables
Outra das actuacións consiste en introducir criterios de hábitos saudables nos pregos de prescricións técnicas para a licitación do servizo de cafetería da UDC, e así se está a realizar desde hai uns meses. Por outra banda, na Oficina de Medio Ambiente (OMA ) da UDC estanse a realizar enquisas sobre hábitos saudables e sustentables nas cafetarías da UDC. Para concluír, un dos obxectivos para este curso, ademais de que o grupo de traballo formalice a súa existencia para reforzar a súa autoridade, é que a UDC conte cun acordo de asesoramento dun/ha nutricionista. (2/2)
Comedores saúdables
Segundo informa Xerencia, desde o mes de xuño de 2018 no marco da UDC desenvolve a súa actividade un grupo de traballo sobre comedores universitarios e máquinas de vending, do que forman parte: o xerente, o xefe do servizo de Contratación, o director da oficina de Cooperación e Voluntariado, o director da oficina de Medio Ambiente, o director da UDC Saudable e a decana da Facultade de Socioloxía. Estas persoas reúnense periodicamente co obxectivo de intercambiar propostas o coordinar as actuacións das referidas oficinas e órganos da UDC para fomentar os hábitos saudables nas cafeterías concesionarias da UDC e nas máquinas instaladas nos seus edificios. Así, o día 6 de agosto de 2018 enviouse unha comunicación a todas as concesionarias de cafeterías da UDC sobre "Medidas de fomento de hábitos saudables e sustentables nos servizos de restauración e cafetaría da Universidade da Coruña". (1/2)
Máquinas autoexpendedoras/vending máis saudables en facultades/escolas UDC
Segundo informa Xerencia, desde o mes de xuño de 2018 no marco da UDC desenvolve a súa actividade un grupo de traballo sobre comedores universitarios e máquinas de vending, do que forman parte: o xerente, o xefe do servizo de Contratación, o director da oficina de Cooperación e Voluntariado, o director da oficina de Medio Ambiente, o director da UDC Saudable e a decana da Facultade de Socioloxía. Estas persoas reúnense periodicamente co obxectivo de intercambiar propostas o coordinar as actuacións das referidas oficinas e órganos da UDC para fomentar os hábitos saudables nas cafeterías concesionarias da UDC e nas máquinas instaladas nos seus edificios. Un dos obxectivos para este curso, ademais de que o grupo de traballo formalice a súa existencia para reforzar a súa autoridade, é incluír os criterios de hábitos saudables nos pregos de prescricións técnicas para a licitación do servizo de máquinas vending na UDC.
Que os Fillos de Breogán poidan xogar no Estadio de Elviña ao fútbol gaélico
Segundo o informe emitido polo servizo de deportes da UDC, como se indica na exposición da proposta, desde fai varios anos a UDC ten unha colaboración co club Fillos de Breogán, ofertando gratuitamente unha escola deportiva de Fútbol Gaélico no Estadio de Elviña. Por outra banda, polo convenio de colaboración entre a UDC e o Concello da Coruña, gran parte dos horarios de uso do campo de herba do Estadio de Elviña están cedidos a clubs da cidade e é o Concello por convocatoria pública o encargado do reparto destes horarios de uso, tanto para adestramentos como para partidos de fin de semana. Actualmente entre a programación propia das escolas, as competicións universitarias e os horarios xestionados polo Concello, o campo está sobrepasado en carga de utilización para un campo de céspede natural, o cal ten unhas limitacións de uso importantes para o seu mantemento e conservación.
Banda de Música
Desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, cremos que esta proposta podería encaixar dentro da convocatoria de orzamentos participativos da Área de Cultura que acaba de convocarse, así que animámosche a presentala. Máis información en https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/005814 A presentación da solicitude, dirixida a Extensión Universitaria, debes realizala a través do formulario que figura como anexo I, de acordo coas bases da convocatoria, e tes de prazo ata as 14:00 h do día 2 de agosto de 2019.