Código da proposta: UDC-2018-02-15
Nas mencións dos graos de educación, perdimos formación, por iso propoño que se poñan máis materias específicas nas mencións, polo menos para cubrir os créditos dos graos coas materias da mención.
Na actualidade para sacar o grao cunha mención en educación temos que elexir 6 materias, e por exemplo só hai 4 materias de educación física, por iso temos que elexir materias de outras mencións para cubrir os creditos do grao. Antes había unha carreira de tres anos específica de maestro de educación física e agora o reduciron a 4 materias.
Ademais as materias dos graos de educación están totalmente alonxadas, excepto unha minoría de materias, da realidade coa que nos imos a atopar no noso futuro traballo. Por iso non estaría mal adaptarse a realidade das aulas á hora de propoñer os plans de estudo.
Tampoco estaría mal, facer procesos participativos cos propios alumnos das universidades para discutir a idoneidade dos plans de estudo, xa que as voces dos estudantes non se escoitan nestes procesos, e realmente somos nós os principais afectados.
Comentarios (0)