Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Máquinas autoexpendedoras/vending máis saudables en facultades/escolas UDC

Sergio Eduardo Sergio Eduardo  •  10/06/2018  •    2 comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2018-06-23

Poñer máquinas de vending máis saludables nas facultades, escolas,... da UDC seguindo as recomendacións na materia da REUS/CRUE-Sostenibilidade (04/2018), e outras, adaptadas a nosa realidade.

Tendemos a asociar a típica máquina de vending ou expendedoras situadas en facultades e escolas a bebidas excesivamente azucaradas e produtos calóricos que, lonxe de beneficiar ao noso organismo, poden supoñer unha insana tentación en moitas ocasións. Aínda que as máquinas expendedoras de comida saudable xa estean á orde do día, custa tomalas coma unha realidade posible. Son cada vez máis as universidades e empresas que se suman á iniciativa de ofrecer aos membros da comunidade universitaria alimentos e bebidas saudables responsables coa súa dieta e un estilo de vida en condicións. Incluso a Rede Española de Universidades Saudables (REUS) realizou un documento, aprobado na CRUE-Sustentabilidade en marzo 2018 coas condicións cuantitativas e cualitativas adecuadas que deberían cumprir os productos das máquinas vending nas Universidades co presenza variada de produtos. Que un produto sexa saudable non significa que sexa menos saboroso ou apetitoso. Traballar de xeito conxunto con provedores que coiden tanto o aspecto exterior como a calidade interior non é tarefa fácil, pero é adecuado tomar esta iniciativa xa que o gran impacto que tería sobre a saúde dos usuarios destas máquinas, nas que tamén poderían atopar froita fresca, barritas enerxéticas, chocolates ou outros alimentos saudables testados/asesorados por expertos en alimentación.

 

 

Está vostede de acordo en implantar máquinas de vending/autoexpendedoras máis saudables nas facultades, escolas e edificios da UDC?.

Alimentación saudable saúde Saudable Vida Saudable Benestar físico Benestar Psicolóxico. Toda a universidade

Comentarios (2)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.
Jessica María
Jessica María  • 

Seria interesante que los envoltorios fuesen retornables o que evitasen plásticos de un solo uso

3 votos  |  3 0
Sen respostas
José Sanjurjo
José Sanjurjo  • 

Segundo informa Xerencia, desde o mes de xuño de 2018 no marco da UDC desenvolve a súa actividade un grupo de traballo sobre comedores universitarios e máquinas de vending, do que forman parte: o xerente, o xefe do servizo de Contratación, o director da oficina de Cooperación e Voluntariado, o director da oficina de Medio Ambiente, o director da UDC Saudable e a decana da Facultade de Socioloxía. Estas persoas reúnense periodicamente co obxectivo de intercambiar propostas o coordinar as actuacións das referidas oficinas e órganos da UDC para fomentar os hábitos saudables nas cafeterías concesionarias da UDC e nas máquinas instaladas nos seus edificios.
Un dos obxectivos para este curso, ademais de que o grupo de traballo formalice a súa existencia para reforzar a súa autoridade, é incluír os criterios de hábitos saudables nos pregos de prescricións técnicas para a licitación do servizo de máquinas vending na UDC.

Sen votos  |  0 0
Sen respostas