Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
José Sanjurjo
José Sanjurjo  • 

Segundo informa Xerencia, desde o mes de xuño de 2018 no marco da UDC desenvolve a súa actividade un grupo de traballo sobre comedores universitarios e máquinas de vending, do que forman parte: o xerente, o xefe do servizo de Contratación, o director da oficina de Cooperación e Voluntariado, o director da oficina de Medio Ambiente, o director da UDC Saudable e a decana da Facultade de Socioloxía. Estas persoas reúnense periodicamente co obxectivo de intercambiar propostas o coordinar as actuacións das referidas oficinas e órganos da UDC para fomentar os hábitos saudables nas cafeterías concesionarias da UDC e nas máquinas instaladas nos seus edificios.
Así, o día 6 de agosto de 2018 enviouse unha comunicación a todas as concesionarias de cafeterías da UDC sobre "Medidas de fomento de hábitos saudables e sustentables nos servizos de restauración e cafetaría da Universidade da Coruña".
(1/2)

Sen votos  |  0 0
Sen respostas