Portal en probas mentres se elabora o regulamento de participación
Volver

Comedores saúdables

Ruben Ruben  •  24/04/2018  •    6 comentarios  • 

Código da proposta: UDC-2018-04-19

Máis variedade saudable, más frescos e verduras, máis pratos vexetarianos, menos residuos.

Hoxe en días os menús de moitas cafeterías carecen de unha variedade de platos que non se repitan semanalmente, ou que os pratos da comida non sean unha reproducción a maior escala das tapas da cafetería.

Tamén máis pratos vexetarianos dispoñibles a diario sen ter que sobrevivir con tortilla e champiñóns de lata.

A desaparición dos productos industriales con grasas de mala calidade coma a gran variedade de napolitanas, roscos, cornos, etc que poblan os mostradores fronta a unha fruta cara (prezo da unidade a prezo do kilo nun comedor universitario) e de baixa calidad onde o habitual é atopar mazás arenosas e outras frutas sen sabor algún.

Para acatar esto, o ideal sería unha posta en común de todalas cafeterías universitarias para compartir recetas no pro común e a colaboración das distintas facultades relacionadas coa saúde. Incluso eventos onde se invite os xestores de cada cafetería e impártanse charlas e obradoiros por parte de profesionais reconocidos que podan mellorar o seu negocio e a saúde de todolos estudantes.

E reducir a xeración de residuos nas cafeterías coma a prohibición dos vasos de poliestireno para o café.

Quere aumentar a variedade dos menús das cafeterías e comedores?

saúde cafetería comida salud vexetariano residuos Toda a universidade

Comentarios (6)


Necesitas Iniciar sesión ou Rexistrarte para comentar.
meridio3
meridio3  • 

Moi boa iniciativa. Atopei + xente que gostaria de ter a posibilidade de opcións veganas no menu da universidade, parabéns pola iniciativa

2 votos  |  2 0
Sen respostas
LauraFdez
LauraFdez  • 

Na cafetería do campus de Ferrol dispoñemos dunha ampla variedade de comida para almorzar a media mañá, e para o xantar teñen diferentes opcións, o menú do día tódolos días é diferente incluindo unha carne un peixe e verduras, e ademais sempre varía dunha semana a outra. Por riba, tamen dispoñen de racións de diferentes tipos, hamburguesas veganas, ensaladas nas que escolles os teus propios ingredientes, e moitos bocadillos se necesitas comer rápido. Ademáis, inclúen café de pota no prezo do menú por cortesía da casa. Creo que é un modelo que deberían seguir o resto de cafeterías da universidade.

2 votos  |  2 0
Sen respostas
Vanessa
Vanessa  • 

É máis que necesario apoiar esta iniciativa. Sería de agradecer atopar unha variedade de froita fresca e de temporada para almorzar, en lugar das grasas saturadas da bolleria industrial.

2 votos  |  2 0
Sen respostas
José Sanjurjo
José Sanjurjo  • 

Outra das actuacións consiste en introducir criterios de hábitos saudables nos pregos de prescricións técnicas para a licitación do servizo de cafetería da UDC, e así se está a realizar desde hai uns meses. Por outra banda, na Oficina de Medio Ambiente (OMA ) da UDC estanse a realizar enquisas sobre hábitos saudables e sustentables nas cafetarías da UDC.
Para concluír, un dos obxectivos para este curso, ademais de que o grupo de traballo formalice a súa existencia para reforzar a súa autoridade, é que a UDC conte cun acordo de asesoramento dun/ha nutricionista.
(2/2)

Sen votos  |  0 0
Sen respostas
José Sanjurjo
José Sanjurjo  • 

Segundo informa Xerencia, desde o mes de xuño de 2018 no marco da UDC desenvolve a súa actividade un grupo de traballo sobre comedores universitarios e máquinas de vending, do que forman parte: o xerente, o xefe do servizo de Contratación, o director da oficina de Cooperación e Voluntariado, o director da oficina de Medio Ambiente, o director da UDC Saudable e a decana da Facultade de Socioloxía. Estas persoas reúnense periodicamente co obxectivo de intercambiar propostas o coordinar as actuacións das referidas oficinas e órganos da UDC para fomentar os hábitos saudables nas cafeterías concesionarias da UDC e nas máquinas instaladas nos seus edificios.
Así, o día 6 de agosto de 2018 enviouse unha comunicación a todas as concesionarias de cafeterías da UDC sobre "Medidas de fomento de hábitos saudables e sustentables nos servizos de restauración e cafetaría da Universidade da Coruña".
(1/2)

Sen votos  |  0 0
Sen respostas
Ana Benilde
Ana Benilde  • 

Sería moi bo o de reducir os plásticos xa que, ademais de contaminar están afectando a nosa saúde.

Sen votos  |  0 0
Sen respostas